mércores, 17 xan 2024
A Pinacotea amplía ata o día 28 de abril o calendario da exposición “Pinceladas do esquecemento. Elina Molíns e Branca Chao, artistas viguesas non século XIX”. O anuncio foi realizado este mércores polo alcalde ao lembrar que a mostra, que estaba planificada ata esta fin de semana, permanecerá aberta outros tres meses ante o elevado número de peticións para contemplar a obra das dúas creadoras.
mércores, 17 xan 2024
Abel Caballero reuniuse este mércores na alcaldía con Francisco Michavila con motivo da presentación no edificio Redeiras da Universidade de Vigo do seu libro “Paixón polo ensino”. No acto, onde participaron o presidente e o secretario do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa e Ignacio Rodríguez, o rexedor lembrou a aportación de Michavila como catedrático de matemáticas da Universidade Politécnica de Madrid, e como reitor honorario da Universidade Jaime I de Castelló da que tamén foi fundador. “É un home que estuda e publica sobre a educación”, recalcou ao apuntar a transcendencia da educación para conformar o futuro dos mozos.
mércores, 17 xan 2024
A tenente de alcalde, Elena Espinosa, participou hoxe na presentación do libro “Pasión por la Educación” de Francisco Michavila . O acto que tivo lugar no edificio Redeiras da Universidade de Vigo contou coa presencia do autor do libro; do reitor da UVIGO, Manuel Regiosa e do presidente do Consello Social , Ernesto Pedrosa.