Abel Caballero: “Luis Torras seguirá para sempre na memoria de Vigo. Foi un gran pintor e un gran vigués”
Abel Caballero trasladou este martes o pésame do Concello pola morte do pintor Luis Torras tanto á súa familia, como a toda a cidade. “Nacido en Vigo en 1912 era unha persoa moi ligada á cidade. Era un extraordinario pintor, prolífico, cunha gran produción de pintura, e moi enraizado na cidade”, recalcou.

O alcalde lembrou que Luis Torras foi profesor da Escola de Artes e Oficios durante 50 anos, ademais de mestre de grandes artistas como Silveiro Rivas, e “Vigués Distinguido”.
O rexidor afirmou que o artista merece “todo noso aprecio e todo o recoñecemento da cidade”.
Caballero insistiu en que “nos deixou un gran pintor e un gran vigués”, asegurando que “seguirá para sempre na memoria de Vigo”.