Escoitar

Vigo pecha a última fin de semana do Nadal cun 50 por cento de ocupación hostaleira

Abel Caballero apuntou este luns que durante a pasada fin de semana, de “prórroga” do Nadal, protagonizado polo apagado da iluminación navideña, o sector hostaleiro de Vigo rexistrou unha ocupación de preto do 50 por cento, superando en 40 puntos a unha situación habitual que conta con entre o 5 e o 10 por cento de reservas.

luns, 15 xan 2024
Abel Caballero cos concelleiros do goberno municipal no apagado da iluminación de Nadal
Abel Caballero cos concelleiros do goberno municipal no apagado da iluminación de Nadal

O alcalde avanzou que o balance dos datos de visitantes e de ocupación hostaleira rexistrados en Vigo durante as pasadas festas de Nadal, que contou coa visita de millóns de turistas, confirma que os resultados de 2023 superarán aos de 2022.  Apuntou que durante a pasada fin de semana, de “prórroga” do Nadal, protagonizado polo apagado da iluminación navideña, o sector hostaleiro de Vigo rexistrou unha ocupación de preto do 50 por cento, superando en 40 puntos a unha situación habitual que conta con entre o 5 e o 10 por cento de reservas.

Caballero incidiu en que o Nadal é un fenómeno económico e sociolóxico “extraordinario”, ademais dun medio para “lanzar a Vigo ao mundo”.

O rexedor incidiu en que a celebración se celebrou nun “clima extraordinario” e pechouse sen un só incidente, sen ruído, con seguridade total e co tráfico “garantido” xa que en momentos “prácticamente imposibles de xestionar conseguimos minimizar o impacto, porque houbo momentos nos que en dúas horas entraron 70.000 coches na cidade e fomos capaces de neutralizalo e tratalo”.

Caballero destacou que as persoas que visitaron Vigo convertéronse en prescritores turísticos da cidade.

Descargar todas as imaxes