O Concello entregou 1,3 millóns de euros en axudas de emerxencia en 2023
O goberno local aumentou nun 26% as achegas para axudas de emerxencia entregadas ao longo de 2023, alcanzando case 1,3 millóns de euros. Estas axudas con compatibles co Ingreso Mínimo Vital, segundo lembrou Caballero.
O alcalde deu conta esta mañá da adxudicación de axudas de emerxencia por valor de case 1,3 millóns de euros no ano 2023, o que supón un aumento dun 26% respecto ao ano pasado e de case un 50 respecto á cifra de 2021. Tal e como detallou o rexedor, estas achegas son compatibles co IMV e con outras axudas sociais. O protocolo deste servizo é altamente eficaz porque a resolución é inmediata.