xoves, 18 xaneiro 2024

O rexedor valora o labor do albergue municipal

xoves, 18 xan 2024

O alcalde detallou este luns que a ocupación do albergue municipal é do 98 por cento, con dúas prazas libres no caso dos homes, coa posibilidade de trasladar ás persoas que requiran axuda a outro espazo se fose preciso.

O Concello compromete o seu apoio aos proyectos en Vigo dos afectados por unha miocardiopatía

xoves, 18 xan 2024

Abel Caballero trasladou este xoves o apoio do Concello ao proxecto da Asociación Española de Miocardiopatía Hipertrófica para poñer en marcha unha iniciativa destinada a compartir experiencias e a propiciar a relación entre os afectados. “Asignarémoslles un espazo público para poder recibir e manter reunións cos integrantes da asociación e os afectados de Vigo”, afirmou o rexedor ao incidir en que o goberno local “sempre está á beira da xente, e máis aínda de quen ten unha enfermidade ou problema que necesite apoio”.