Abel Caballero: "Todavía é posible solicitar as axudas para libros de 205 euros por estudante"
A unha semana de finalizar o prazo para solicitar a bolsa para libros do Concello, dotada con 205 euros por estudante, Abel Caballero chama ás familias a solicitar a axuda destinada aos escolares de Vigo que cursen Primaria, Secundaria, Formación Profesional Básica e Educación Especial en centros de fóra e dentro da cidade. “Non deixen de presentar a solicitude para a bolsa municipal de libros”, apelou o rexedor.
Abel Caballero reforzou este mércores o chamamento dirixido ás familias de Vigo para que aproveiten o prazo aberto ata o vindeiro mércores 24 de xaneiro coa finalidade de solicitar a bolsa de 205 euros por cada un dos estudantes de Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Educación Especial que realicen a súa formación tanto en colexios da cidade como noutros municipios.
O alcalde avanzou que, a unha semana de concluír o prazo, o Concello recibiu máis de 19.000 solicitudes, á vez que lembrou que o número de posibles beneficiarios é de 28.000 estudantes.