O alcalde aborda con Francisco Michavila a transcendencia da formación para o futuro da mocidade viguesa
Abel Caballero reuniuse este mércores na alcaldía con Francisco Michavila con motivo da presentación no edificio Redeiras da Universidade de Vigo do seu libro “Paixón polo ensino”. No acto, onde participaron o presidente e o secretario do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa e Ignacio Rodríguez, o rexedor lembrou a aportación de Michavila como catedrático de matemáticas da Universidade Politécnica de Madrid, e como reitor honorario da Universidade Jaime I de Castelló da que tamén foi fundador. “É un home que estuda e publica sobre a educación”, recalcou ao apuntar a transcendencia da educación para conformar o futuro dos mozos.
Descargar todas as imaxes