As óperas "Otelo" e "Carmen", en 2024, consolidan ao Auditorio Mar de Vigo como esceario operístico galego
Abel Caballero anunciou este xoves que o Auditorio Mar de Vigo retoma a temporada de ópera coas interpretacións de "Otello", de Verdi e de "Carmen" de Bizet, co que se consolida como escenario operístico de referencia para Galicia e o norte de Portugal.
O alcalde afirma que tras o "éxito incontestable" de "A Traviata", 2023, e co programa de 2024, o Auditorio Mar de Vigo consolídase "como un lugar de representación de representación de óperas para Galicia e para o norte de Portugal".
O programa arrrinca o 10 de marzo con "Otello" , de Giuseppe Verdi. A interpretación promete unha experiencia emocional inesquecible na que o virtuosismo vocal combínase coa intensidade dramática para crear un espectáculo que deixará pegada.
O 2 de novembro o escenario acenderase con "Carmen" de Georges Bizet. Esta obra mestra é coñecida pola súa música emotiva e cativadora, con arias como "Habaneira" e "Toreador Song" que se converteron en clásicos da ópera.
As entradas xa están á venda a través de www.teuticket.com. Ofrécese un abono especial a un prezo reducido.