Escoitar

Abel Caballero preside a primeira reunión do Padroado do Marco de 2024

A sede do Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle a reunión deste luns na que tomarán posesión os novos integrantes do consello.

luns, 15 xan 2024

Abel Caballero avanzou que na xuntanza do Padroado , a primeira deste ano 2024, tomarán posesión os novos integrantes da Fundación, entre eles, Carmela Silva que será vicepresidenta do Padroado. Amais aprobarase o orzamento de 2024 e darase conta do desenvolvemento da programación de 2023.

“O Marco é a crónica dun éxito anunciado e especialmente fortalecido desde que o dirixe Miguel Fernández-Cid”, sinalou o rexedor, que avanzou tamén que Fernández-Cid renovará o seu cargo no mes de marzo. “É un gran director, o mellor director que tivo o Marco en toda a súa historia”.

Descargar todas as imaxes