O goberno de Vigo aproba o Plan Xeral, que inclúe 159 hectáreas para novas actividades económicas
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este mércores á aprobación inicial dun PXOM “equilibrado” entre o peso residencial e de acción produtiva. O alcalde explicou que o documento reserva 159,17 hectáreas para dar cabida a novos usos industriais e/ou terciarios.