mércores, 8 mai 2019
A Xunta de Goberno Local dará conta este xoves da concesión de outras 66 becas para comedor con carácter excepcional. Ademais, o Concello dará o visto e prace ás bases para as subvencións de bono-taxi a persoas con problemas de mobilidade e tamén aprobará na mesma sesión a contratación de servizos auxiliares para o funcionamento da Aula de Estudo da UNED.
mércores, 8 mai 2019
Abel Caballero asistiu este mércores á presentación do plan estratéxico de I+D+I dos medianos e pequenos estaleiros, destinado a impulsar ao sector naval a nivel europeo, que celebrou a Asociación Clúster do Naval Galego, ACLUNAGA en Vigo. O rexedor puxo en valor a traxectoria das empresas do naval pola calidade do seu traballo e a competitividade demostrada no ámbito internacional.
mércores, 8 mai 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado de Chema Rodríguez, promotor e patrocinador, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral, e do piloto Alberto Meira ademais do histórico Beny Fernández, anunciou unha nova edición do Rallye Rías Baixas para o Día das Letras Galegas e o sábado 18 de maio.<br />