luns, 6 mai 2019
Charlas, conferencias, coloquios, obradoiros e todo tipo de actividades relacionadas coa educación dos nenos comezarán o vindeiro 22 de maio. A entrada será libre e gratuíta pero é necesaria a inscrición.
luns, 6 mai 2019
A sexta edición terá lugar o próximo domingo, 12 de maio, organizada polo Concello de Vigo e coa inscrición aberta ata este venres, no teléfono gratuíto 010. A Andaina, que supera os 39 quilómetros, ofrece catro percorridos en función da dificultade e da idade, incluíndo a "pequerruta" e unha ruta adaptada a persoas con mobilidade reducida.
luns, 6 mai 2019
O Auditorio Municipal acolle desde hoxe as X Xornadas Municipais de Teatro Escolar que contarán coa participación de 350 estudantes de 14 centros de Educación Primaria da cidade que representarán diferentes pezas, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro. O alcalde saudou este luns ao alumnado, profesorado e familias presentes no patio de butacas da sala.
luns, 6 mai 2019
O alcalde achegouse este luns ata o céntrico colexio, onde estudantes de 3º de ESO promoven unha acción solidaria e de concienciación para animar á cidadanía a doar sangue. Organizado xunto a ADOS -a Asociación de Doazón de Órganos e Sangue-, o camión está emprazado este luns na rúa Venezuela.