A Coruxo móvese chegará o 9 de xuño ao Vao co obxectivo de acadar o milleiro de participantes
Volve o vindeiro 9 de xuño a festa solidaria Coruxo Móvese que patrocina o Concello e que organiza a Fundación Isidre Esteve coa colaboración do Coruxo FC. Visualizar o traballo da fundación en apoio das persoas con discapacidade ou movilidade reducida é o obxectivo desta "iniciativa feliz que polas súas características é unha cita especial polo que significa de deporte e diversión, de alegría e de integración", explicou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, na presentación do evento.
Acompañado por Isidre Esteve e Joan Rodríguez, o concelleiro agradeceu á fundación Isidre Esteve "a súa iniciativa, o seu traballo e a posta en marcha" desta idea, xa consolidada dentro do calendario anual de probas deportivas.
Esteve manifestou que o seu obxectivo con estas actividades é "axudar ás persoas con discapacidade física a través do deporte e transmitir os valores da fundación e do deporte como gran ferramenta de valor social". Tralos 800 participantes de 2018, para esta edición espera acadar o milleiro.
Abrirá a programación, ás 10:30 horas do domingo 9, unha actividade para nenos e nenas de 8 a 12 anos, "Ponte na súa pel", para "poñerse na pel dunha persoa con discapacidade", lembrou Esteve. O ano pasado medio cento de nenas e nenos xogou ao tenis e ao baloncesto en cadeira de rodas. De feito, Joan Rodríguez incidiu no interese desta acción porque "sabemos que os nenos teñen menos prejuicios".
Unha hora máis tarde (11:30), saída da proba de orientación, pola zona de Coruxo "con pequenas sorpresas e algunha baliza dentro do mar", avanzou Rodríguez. Esta competición por equipos é mixta (persoas con e sen discapacidade).
Como terceiro evento, a andaina de 5 quilómetros por Canido e Toralla. "O prato forte é a andaina, única ao acceder á illa", explica Joan Rodríguez.
O venres 7 (18:30) unha festa en Coruxo dará o comezo ás actividades, con actuacións musicais aínda por pechar.
Para rematar, o edil de Deportes pediu que a cidadanía "se inscriba, colabore, participe e goce". Ata o 20 de maio a inscrición custará 12 euros; despois, 15. "A bonificación permítenos facer as cousas un pouco mellor e máis ordenadas", asegura Esteve.