Escoitar

O prazo para solicitar as axudas municipais ás familias péchase este mércores

O Concello de Vigo recibiu xa un total de 2.277 solicitudes a falta de dous días para pechar o prazo de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministración e alimentos do ano 2019. O importe total da subvención supera os 1,6 millóns de euros.

martes, 7 mai 2019
O Concello de Vigo pechará este mércores, 8 de maio, o prazo de solicitudes para o Programa Municipal de Axudas Extraordinarias a Familias para gastos de aloxamento, subministración e alimentos do ano 2019.

Desde o pasado 8 de abril, data na que se abriu o prazo e a falta dos dos últimos días, foron presentadas xa un total de 2.277 solicitudes. Aínda poderán facerse as peticións mediante cita previa, a través da páxina web do Concello ou do teléfono 010.

O importe total das axudas é de 1.640.000 euros. No ano 2018 houbo unhas 3.000 solicitudes e o Concello concedeu 5.611 axudas a un total de 1.937 solicitantes (unhas 1.000 foron rexeitadas ao non cumprir os requisitos).