Escoitar

O Concello concederá este curso 66 novas becas de comedor para escolares

A Xunta de Goberno Local dará conta este xoves da concesión de outras 66 becas para comedor con carácter excepcional. Ademais, o Concello dará o visto e prace ás bases para as subvencións de bono-taxi a persoas con problemas de mobilidade e tamén aprobará na mesma sesión a contratación de servizos auxiliares para o funcionamento da Aula de Estudo da UNED.

mércores, 8 mai 2019
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo dará conta o vindeiro xoves, 9 de maio, da resolución de Axudas Municipais de Libros, Material Escolar e Comedor solicitadas para comedor con carácter excepcional para o curso 2018-2019.

Dentro da convocatoria, realizada por situacións xurdidas despois de pechada a convocatoria anual, entraron finalmente un total de 66 novas becas de comedor (de xaneiro a xuño) cun importe total de 16.500 euros.

O pasado ano xa foran aprobadas un total de 3.186 becas de comedor e 1.253 de libros e material escolar para 4.647 alumnos. O orzamento municipal para esta partida chega ata o 1,2 millóns de euros, ao que habería que sumar os 600.000 euros para os comedores de Federación Olívicas de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Foanpas).

Bono-Taxi
Na mesma sesión da Xunta de Goberno Local o Concello aprobará a bases reguladoras e a convocatoria das subvencións destinadas a proporcionar, mediante a utilización de bono-taxi, un medio alternativo de transporte adaptado a persoas afectadas por graves discapacidades na súa mobilidade.

O importe total de axuda é e 25.000 euros, cunha contía por usuario (según ingresos) de entre 100 e 300 euros. O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais desde a publicación da convocatoria no Boletín Oficial de Pontevedra.

UNED
Por último, tamén recibirá o visto e prace o expediente de contratación dos servizos auxiliares para o funcionamento da Aula de Estudio, da Aula da UNED e outros espazos no edificio do Auditorio de Vigo.

O importe do contrato é de 169.338 euros e o obxectivo será a prestación dos servizos auxiliares de conserxería, atención ao público, control de accesos, información e pequenas reparacións, necesarios para o funcionamento da Aula de estudio e de outros espazos dedicados a usos culturais e educativos.