martes, 28 nov 2017
Tras unha Xunta de Goberno Local, Caballero informou este martes da aprobación da edición 2018 do programa de medianeiras, que suporá o embelecemento artístico doutra quincena de espazos na cidade. Sumando as actividades culturais complementarias, o Concello adicará medio millón de euros a esta iniciativa de arte urbana.
martes, 28 nov 2017
Caballero reiterou este martes o seu rexeitamento á esixencia da Xunta de que Vigo cofinancie servizos sociais que presta a Xunta na nosa cidade. O goberno local aprobou un requirimento contra a resolución desta imposición para financiar dúas escolas infantís, tal e como xa fixera cos centros de día. No primeiro caso a achega é de 205.000 euros, no segundo, alcanza os 35.000 euros.
martes, 28 nov 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe martes a edición de 2017 da Carreira San Silvestre viguesa, que por quinto ano consecutivo celebrarase na contorna da Praza de Compostela o derradeiro día do ano ás 17:00 horas.
martes, 28 nov 2017
No acto do 40 aniversario da Asociación de Industriais Metalúrxicas de Galicia, celebrado en Vigo, Abel Caballero recoñeceu a capacidade das empresas de ASIME para crear emprego e xerar a base central da economía e o valor engadido da industria galega, sendo quen de competir en sectores como a automoción, o aéreo, naval ou as novas tecnoloxías. Amais, manifestou amosou o seu orgullo como alcalde dunha cidade con "tantas e tantas empresas que merecedes aprecio polo voso labor heroico e a vosa capacidade de traballo". André Quintá Cortiña, Astilleros Cardama, Tromosa e Francisco León foron os homenaxeados nesta celebración.