O alcalde certifica que Vigo suplirá "as carencias e os abandonos de calquera administración con tal de ter auga"
Caballero ratificou que o Concello pagará a construción do transvase desde o río Verdugo á rede de suministro de auga de Vigo e da comarca, pese a ser competencia "inequívoca" da Xunta: "ímonos facer cargo de todo aquel custo que a Xunta de Galicia non asuma, non imos entrar sequera en discusións, o único que lles exisimos é celeridade", asegurou.
O alcalde confía que ao longo deste martes se reciba no Concello a proposta de convenio da Xunta de Galicia, tal e como comprometeu onte o director de Augas de Galicia. Caballero explicou que "queremos que a obra se faga coa maior urxencia e á maior brevidade".
A competencia deste transvase de auga é "inequívocamente" da Xunta de Galicia, administración que está "obrigada" a facer esta obra, explicou Caballero, mais o interese "vital" da construción impulsa ao goberno de Vigo a facerse cargo "de todo aquel custo que a Xunta non asuma".
O alcalde vigués tirou de lexislación para determinar as competencias de cada administración no tocante a auga. Así, e segundo a Lei de Augas de Galicia aprobada no 2010, corresponde á autonomía "a ordenación administrativa, planificación e xestión da auga en superficie e subterránea, dos usos e aproveitamentos hidráulicos e as hidráulicas que non estean calificadas de interese xeral". Tamén corresponde a Xunta de Galicia "as medidas extraordinarias en caso de necesidade para garantir o subministro de auga".
O acordado transvase é competencia da Xunta de Galicia por ser "obra hidráulica e pola emerxencia", aseverou Caballero, seguindo unha normativa que o deixa "meridianamente claro". A responsabilidade dos concellos comeza na distribución da auga, engadiu.
Pero ademais, explicou Caballero, esta infraestrutura "de emerxencia" é necesaria para subministrar auga a Vigo e tamén a outros municipios da área metropolitana, afecta a varias localidades polo que é de interese "supramunicipal", e so a Xunta de Galicia ten potestade para a ocupación de bens e dereitos doutros concellos.
"Non parece que sexa unha obrigación de Vigo financiar unha obra que dea auga a Vigo e a outros concellos", concluíu Caballero, quen reiterou que o Concello suplirá "as carencias e os abandonos de calquera administración con tal de ter auga".