luns, 15 mai 2017
O goberno local renovou esta mañá o compromiso que mantén co funcionamento da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (Foanpas). O convenio, que ascende a 606.032 euros, permitirá subvencionar bolsas de comedor e actividades extraescolares.
luns, 15 mai 2017
A Universidade de Vigo volverá ter presencia na cidade no mesmo edificio que xa ocupou, o situado na rúa Areal 46. Así o reiterou esta mañá o rexedor quen dou conta do inicio da tramitación administrativa que permitirá esta cesión.
luns, 15 mai 2017
Caballero, xunto ao concelleiro Santos Héctor Rodríguez, recibiu este luns ao equipo universitario, que perfila a nova tempada despois de ter competido co seu monoplaza nos circuitos de Autodrom Most (República Checa) e Montmeló (España). O rexedor felicitou á escudería e confirmou o apoio do Concello de cara aos novos que afronta. <br />
<br />
luns, 15 mai 2017
O rexedor entregou hoxe luns a bandeira de Vigo ao comisario xefe, Manuel Teijeiro, para que ondee xunto a da Policía Nacional, a de Galicia e a de España. Trátase, dixo, dun símbolo da coordinación entre todas as forzas e corpos de Seguridade do Estado.
luns, 15 mai 2017
BASES REGULADORAS, CONVOCATORIA E EXTRACTO PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E ASOCIACIÓNS<br />
DE CARACTER SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DA ÁREA DOS SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2017