O goberno de Vigo ten obras en marcha ou en tramitación por valor de 55 millóns
O alcalde repasou este luns os investimentos municipais xa en execución ou en tramitación administrativa, melloras que ascenden a 55 millóns de euros e que xerarán "miles e miles de empregos". Entre estas, Caballero avanzou que en dúas semanas comezarán os traballos da segunda fase das escaleiras mecánicas de Porta do Sol.
Abel Caballero explicou que, á falta de recibir a confirmación oficial, o visto bo de Patrimonio permitirá ao Concello iniciar en aproximadamente dúas semanas as obras da segunda fase das escaleiras mecánicas que comunican Porta do Sol con Abeleira Menéndez.
O alcalde revelou que o goberno que preside ten actualmente medio centenar de obras en marcha ou en tramitación por valor de 55 millóns de euros. "Somos a cidade de España con máis obra pública en relación á poboación", asegurou, antes de subliñar que este investimento significa "miles e miles de empregos que se van a crear".
Así, ademais das nomeadas escaleiras mecánicas, Caballero enumerou as reformas as bancadas de Tribuna e Río do estadio de Balaídos, e as humanizacións de Ferreiros, Aragón, Gregorio Espino, Doctor Corbal, Rosalía de Castro, Llorente, Castelao, Estorniño, Camelias, Vía Norte, Álvaro Cunqueiro e Bueu.
Tamén referiuse o rexedor á reparación e nivelación de rexistros de calzada, melloras en CAstrelos e das redes Teis, saneamento de Lotas, Brea e da Avenida de Galicia e 1,2 millóns de euros para mantemento de viais. O Concello conta ademais coas obras de construción do aparcamento público municipal no novo hospital, a renovación do saneamento no Calexón dos Caños, a fase bombeo en Teis e as melloras de saneamento en Mestre Chané e Montecelo Alto.
Caballero engadiu no seu repaso as humanización de García Lorca e Canceleiro, Subida a Corredoura, o rebaixe de pasos de peóns, o tanque de tormenta en San Andrés, a rúa Rola, melloras no Concello, colocación de biondas para motos, accesibilidade peonil na rotonda da Avenida de Europa, execución do muro en Pardiñeiras e instalación dun elevador na casa consistorial.
O goberno vigués ten ademais o ascensor de San Salvador con Praza Isabel A Católica, sustitución de firmes en entornos patrimoniais, mellora do entorno da Escola de Música de Beade, os ascensores entre Marqués de Valterra, Torrecedeira e Pi y Margall, a humanización de Marqués de Valterra, a mellora do pavimento en García Olloqui e Praza de Compostela, as humanizacións da Gran Vía e da Avenida de Madrid, a reordenación da Porta do Sol, as humanizacións da estrada provincial e da Estrada do Porto, a instalación do parque de Skate en Navia, o mantemento do parque de Skate no Castro e Barreiro, e a mellora do saneamento e abastecemento en Álvaro Cunqueiro.