Escoitar

O Concello ultima a tramitación para que o reitor volva ter despacho no edificio municipal do Areal

A Universidade de Vigo volverá ter presencia na cidade no mesmo edificio que xa ocupou, o situado na rúa Areal 46. Así o reiterou esta mañá o rexedor quen dou conta do inicio da tramitación administrativa que permitirá esta cesión.

luns, 15 mai 2017
O alcalde deu conta hoxe luns da aprobación en Xunta de Goberno do prego de cláusulas administrativas que rexerá a concesión do uso por parte do Reitorado de tres despachos no edificio municipal do Areal. Deste xeito, o reitor e a Universidade volverán ter presenza na cidade neste inmoble ata que rematen as obras de construción das novas dependencias universitarias que a institución educativa está a promover na Praza do Berbés. A concesión segue nestes momentos a súa tramitación administrativa e, unha vez publicado o prego no BOP, abrirase un prazo de 30 días de exposición pública.