xoves, 18 mai 2017
O alcalde e presidente da FEMP manifestou que "queremos seguridade xurídica" na súa aplicación, despois de que o Tribunal Constitucional ditaminase que o imposto é inconstitucional nos casos nos que non exista incremento de valor no momento de transmisión. A FEMP elevará ao Ministerio unha proposta para adaptar a lei á sentenza do TC, segundo adiantou Abel Caballero.
xoves, 18 mai 2017
Abel Caballero deu conta hoxe xoves da aprobación do expediente de contratación do servizo de mantemento dos oito cemiterios municipais. Cun orzamento de licitación de 923.913 euros, o contrato será por 3 anos.
xoves, 18 mai 2017
O alcalde avanzou hoxe xoves que a ocupación da biblioteca municipal do Auditorio Mar de Vigo é do 100% cando apenas transcorreron dez días desde a súa apertura. Caballero cualificou de éxito o funcionamento dun espazo de lectura demandado con "clamor" na cidade, con 450 prazas e un horario 9,00 a 21,00 h de luns a domingo, dotado con conexión wifi e novas tecnoloxías.
xoves, 18 mai 2017
O alcalde participou este xoves na inauguración desta exposición, aberta ao público ata o 23 de xullo na Casa das Artes. A mostra recopila obras recentes e do periodo que pasaron xuntos os artistas en Nova York, a comezos dos oitenta.
xoves, 18 mai 2017
Pintura e poesía únense por primeira vez na exposición de Ambel na Alcaldía, baixo o título "Vigo: a cidade arte", nunha nova edición do programa Mostrarte. As paisaxes da cidade olívica que propón o artista inspiran os textos de Mikel O'Ferdinand, que acompañan cada cadro de Ambel.
xoves, 18 mai 2017
O alcalde animou á cidade a achegarse aos espazos culturais da cidade para gozar da programación organizada con motivo do Día Internacional dos Museos. Entre o 18 e o 21 de maio haberá visitas guiadas e concertos en todos os centros municipais, con horario máis amplo do habitual.