luns, 7 xan 2013
O alcalde de Vigo supervisou a cesión de 800 libros que desde o Concello se entregaron a Unidade de Traballo Social de Coia (antes UBA). Tal e como explicou, se entregaron outros tantos volumes á unidade de Rivera Atienza e ao Centro de Inclusión Social.
luns, 7 xan 2013
O alcalde garantiu hoxe luns a "cooperación" do Concello ao Congreso que organiza en Vigo o Colexio de Enxeñeiros de Caminos os próximos 20 e 21 de maio, con profesionais de Galicia e o norte de Portugal. Vigo acolle "unha das grandes obras de enxeñería civil que hai nestes momentos en marcha en España", a depuradora.
luns, 7 xan 2013
O alcalde foi o encargado de entregar a chave da cidade ás Súas Maxestades de Oriente, que o día 5 pola tarde chegaron a Vigo cargados de agasallos. Doce carrozas e oito grupos de baile deron vida a un desfile que este ano estaba ambientado con motivos marítimos.
luns, 7 xan 2013
A Concellería de Cultura e Festas colabora no concerto de presentación do novo disco da artista viguesa PATRICIA MOON, que terá lugar o sábado 12 de xaneiro, ás 21,00h, no auditorio municipal do Concello (Praza do Rei, 1).