venres, 11 xaneiro 2013
Anuncios

CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL

A Concellería de Emprego, Participacion Cidadá e Voluntariado programa cursos gratuítos de: Iniciación á Informática e Internet, de DNI Electrónico, de Correo Electrónico, de Internet Seguro para nais e pais e de adestramento da Memoria por Ordenador, no Centro Municipal de Emprego sito na rúa Oporto nº1.

Anuncios

CURSOS DE LINGUA GALEGA EN VIGO

venres, 11 xan 2013

Resolución do 27 de decembro da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se anuncian cursos de galego preparatorios para as probas CELGA , para seren solicitados por colectivos ou de xeito individual (DOG núm. 4 do 7 de xaneiro de 2013). Cursos programados para solicitalos de xeito individual.

Anuncios

Pechada ao tráfico a PRAZA DA PRINCESA

venres, 11 xan 2013

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de desmontaxe de guindastre torre, a realizar pola empresa Actividades Construcciones y Voladuras , estará pechada ao tráfico a PRAZA DA PRINCESA, o DOMINGO 13/01/2013 dende as 08:00 horas e por un período aproximado de seis horas.<br /> Solicítase a máxima colaboración cidadá.