Escoitar

O Concello acorda cos comerciantes e hostaleiros manter ata xuño os mercadillos dos sábados no Casco Vello

O alcalde rubricou este xoves un convenio coa Asociación Vigo Vello e a Sociedade Galega de Difusión e Conservación do Patrimonio co obxecto de continuar os mercadillos dos sábados no Casco Vello. Abel Caballero informou que os postos de filatelia e numismática continuarán na Praza da Constitución.

xoves, 10 xan 2013
1357821953convenio.JPG
O rexedor explicou que, mediante este acordo, o Concello autoriza 40 postos de madeira e 8 de metacrilato para a venta, difusión e conservación do patrimonio, unha iniciativa iniciada o pasado verán cunha "valoración dos comerciantes extraordinariamente boa".

Esta proposta converte ao Casco Vello en "lugar de encontro" polo que as tres partes "consederamos moi convinte" manter esta iniciativa, tal e como explicou Caballero en rolda de prensa. O convenio exclúe ás prazas da Constitución e da Princesa, ao entender de común acordo que non precisan dun apoio deste tipo.

Filatelia e numismática
O alcalde confirmou asemade que os tradicionais postos de selos e moedas continuarán na Praza da Constitución, onde levan décadas, por ser "tradición" e "un engadido de valor cultural". Previa solicitude, Caballero adiantou que será resolta favorablemente e "seguramente nun par de semanas" poderán retomar a súa actividade na céntrica praza viguesa.
Descargar todas as imaxes