Escoitar

O Concello colabora nunha iniciativa 2.0 para buscar emprego a mulleres vítimas de maltrato

O Concello de Vigo, a través do Plan Municipal de Emprego, cooperou no proxecto da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de abrir unha nova oportunidade de búsqueda de traballo ao colectivo mediante as ferramentas 2.0 de Internet. O alcalde saudou esta "iniciativa certamente brillante" da entidade.

mércores, 9 xan 2013
1357747841mulleres.JPG
Abel Caballero asistiu este mércores á entrega de diplomas formativos de 25 alumnos e á presentación dunha bolsa virtual de emprego que impulsa a Rede, coa colaboración do Concello a través do Plan Municipal de Emprego. Explicou o alcalde que a proposta pasa por "abrir unha fiestra" á rede e crear "oportunidades" para que estas mulleres poidan atopar emprego.
1357747841mulleres.JPG
1357749784carmela.JPG
Descargar todas as imaxes