Escoitar

Caballero avoga pola coordinación para incorporar a rede gasística á cidade durante as humanizacións

O alcalde recibiu hoxe mércores ao novo director xeral de Gas Galicia, Roger Serrat, unha visita protocolaria na que constataron que Vigo "é unha das zonas" con maior incorporación á rede gasística e avogaron por coordinarse para seguir incorporando o gas á cidade aproveitando as humanizacións.

mércores, 9 xan 2013
1357747816gas.JPG
Segundo explicou Abel Caballero ante os medios, da entrevista constátase "que Vigo é unha das zonas de España nas que está a haber unha maior incorporación á rede gasística" a avogou por continuar traballando na coordinación e ampliar a oferta de gas aproveitando os traballos de humanización de rúas. O rexedor vigués tamén apuntou que Vigo é a cidade que máis rápido responde ás demandas da empresa, licencias que se conceden en menos de 90 días.
Descargar todas as imaxes