Concerto de presentación do novo disco de Patricia Moon
A Concellería de Cultura e Festas colabora no concerto de presentación do novo disco da artista viguesa PATRICIA MOON, que terá lugar o sábado 12 de xaneiro, ás 21,00h, no auditorio municipal do Concello (Praza do Rei, 1).
"Oxytocin" é o título do novo álbum de Patricia Moon, alter ego da viguesa Patricia Argüelles, unha artista singular que ten conseguido publicar un disco de rock’n’roll cargado de maxia e corazón. En total son oito temas que destacan pola súa orixinalidade á hora de combinar as bases do rock e uns contundentes arranxos. Ela chámao "rock lunático", pero etiquetas á parte, é imposible non deixarse levar pola súa completa musicalidade. O novo disco abre paso ao son máis eléctrico, sorprendendo a súa versatilidade artística, facendo un chisco ás súas influencias que van dende o "soul" ata o "grunge", pasando polo rock máis clásico.
Producido con mimo a medias co seu produtor habitual, Paco Ortega, e apoiada por unha conxunción de talentos encarnados en músicos: Frans Bansfield á guitarra, Brian Moure co baixo e Jacobo de San Claudio na batería. "Oxytocin" é un traballo extraordinario en permanente proceso de crecemento, un disco moi persoal e que define a unha artista disposta a colarse en todos os escenarios e corazóns.
As entradas xa están á venda de forma anticipada en novagaliciabanco.es e en Elepé Discos, a un prezo de 8 €; no despacho de entradas do auditorio o día do concerto serán a 10 €.
Descargar todas as imaxes