xoves, 10 novembro 2011

Abel Caballero revela que o goberno local estuda un borrador de convenio para ubicar o albergue en Marqués de Valterra

O alcalde indicou este xoves que avanza o proceso para establecer o centro municipal de inclusión social na sede das Misioneiras do Silencio, en Marqués de Valterra, tras o que adiantou que actualmente estuda un borrador de convenio. Caballero explicou que non parará os traballos de adaptación da Escola de Hostelería ata que se concrete a primeira opción.

O alcalde informou do regreso ás súas casas dos veciños realoxados de A Seara e do número 18 da rúa Colombia

xoves, 10 nov 2011

Abel Caballero mantivo na tarde de onte mércores unha reunión cos veciños da rúa Colombia e da Seara que foron realoxados para comunicarlles a decisión do goberno municipal unha vez recibidos os informes técnicos. Co retorno ás súas vivendas dos inquilinos do 18 de Colombia e de A Seara, unicamente quedan aínda en realoxo os do número 20 da primeira rúa, que precisan de 10 ou 15 dias máis.

Caballero garante apoio municipal á nova federación de comerciantes "Vigo Histórico"

xoves, 10 nov 2011

As asociacións de comerciantes Vigo Vello, Mercado do Berbés, Centro Príncipe, Mercado do Progreso e Zona Centro presentáronlle este xoves ao alcalde a decisión de crear a federación "Vigo Histórico", enfocada singularmente ao turismo. Abel Caballero amosou a súa "satisfacción" pola decisión e adiantou que "estaremos apoiándoles" porque o comercio é "parte importante" da actividade económica viguesa.