Escoitar

O alcalde informou do regreso ás súas casas dos veciños realoxados de A Seara e do número 18 da rúa Colombia

Abel Caballero mantivo na tarde de onte mércores unha reunión cos veciños da rúa Colombia e da Seara que foron realoxados para comunicarlles a decisión do goberno municipal unha vez recibidos os informes técnicos. Co retorno ás súas vivendas dos inquilinos do 18 de Colombia e de A Seara, unicamente quedan aínda en realoxo os do número 20 da primeira rúa, que precisan de 10 ou 15 dias máis.

xoves, 10 nov 2011
1320931799realojos.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comunicoulles onte o fin da orde de desaloxo polo que os veciños de A Seara e do número 18 de Colombia puideron retornar ás súas vivendas. Os inquilinos do edificio 20 terán que agardar entre 10 e 15 días máis.

O alcalde explicou que o Concello está a actuar coa máxima "celeridade" para poder retornar a todos os afectados as súas vivendas en condicións de seguridade, veciños que onte valoraron o "esforzo" municipal.

No tocante ao inmoble desaloxado en A Seara, Caballero tamén informoulles da decisión dos técnicos de permitir a volta á vivenda, retorno que efectuarán hoxe mesmo. Este realoxo tivo lugar o día 4 deste mes como "medida preventiva" tras detectar a Xerencia municipal de Urbanismo posibles riscos derivados dun edificio colindante con orde de derrubo.
Descargar todas as imaxes