Caballero informa do inicio do proceso urbanístico para crear 600 novas vivendas en Cabo Estai
O alcalde coñeceu este mércores o plan parcial presentado polos propietarios maioritarios do ámbito Cabo Estai Norte, de 240.000 metros cadrados de extensión, que incluirá 600 vivendas -cunha altura máxima de tres pisos- cun 50% de vivenda protexida, espazos verdes e zonas deportivas de uso público. Caballero explicou que o proxecto será recibido na Xerencia de Urbanismo a próxima semana.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou este mércores que "iniciamos o proceso urbanístico para levar adiante un dos máis importantes ámbitos urbanísticos de Vigo", o de Cabo Estai norte, que prevé a edificación de 600 vivendas das que a metade serán con algún tipo de protección oficial.
Tras unha reunión mantida cos propietarios maioritarios, Caballero indicou que o ámbito conta con 240.000 metros cadrados de extensión, dos que 10.000 irán adicados a equipamentos, outros 29.000 serán para zonas verdes e 20.000 m2 para abrir novos viais.
A propiedade plantexa erixir 600 vivendas, na súa maior parte unifamiliares e cunha altura máxima de tres pisos, co que o novo ámbito podería acoller a unhas 2.000 persoas, segundo afirmou o rexedor.
Abel Caballero adiantou que o plan parcial será aprobado este sábado e poderá ser recibido a próxima semana na Xerencia de Urbanismo. O alcalde subliñou as "características de adaptación ao terreo" que presenta a promoción, como un corredor verde no ámbito, teitos das edificacións mimetizados co entorno e zonas deportivas de utilización pública.
"A edificación e a movilización económica en torno á edificación arranca na cidade de Vigo", abondou Caballero, quen citou o exemplo da "boa marcha" do Barrio do Cura.
Descargar todas as imaxes