Escoitar

Caballero ratifica que os veciños realoxados da rúa Colombia volverán as súas vivendas en dúas semanas

O alcalde informou este mércores que a propiedade dos edificios desaloxados e a promotora do inmoble anexo en contrución presentan hoxe os seus informes técnicos ao Concello, para sumarse aos realizados pola Xerencia de Urbanismo e determinar así as condicións de habitabilidade dos mesmos. Abel Caballero reiterou que "entre hoxe e mañá" xoves os veciños do número 18 retornarán e os do número 20 o farán nun prazo máximo de dúas semanas.

mércores, 9 nov 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que o edificio do número 20 da rúa Colombia precisa de reformas, mais mantense a expectativa de telas rematadas en dúas semanas, cando os propietarios poderán reocupar as súas vivendas.