A muller nos medios de comunicación centran o debate das Xornadas de Mulleres Veciñais
A Concellería de Igualdade colabora na XIX Xornadas de Mulleres Veciñais que baixo o epígrafe "A muller nos medios de comunicación" celebraranse os días 10 e 11 de novembro na sala de conferencias do Centro Cultural novacaixagalicia. As xornadas están organizadas pola Federación Veciñal Eduardo Chao".
As xornadas, estructuradas en obradoiros e conferencias, están abertas a todas as persoas que queren participar. Os obradoiros están pensados para a participación de mulleres, mentres as conferencias , coloquios e espectáculos están abertos tanto a homes como a mulleres
Chus Lago, concelleira de Igualdade presenta e inaugura ás xornadas o día 10 ás 16:30 horas. A continuación comezará o primeiro relatorio sobre "Muller e comunicación" a cargo de Ana Belén Puñal Rama e Ana San Martín. O segundo relatorio dese día versará sobre "Expresión e comunicación" a cargo de Amaia del Olmo Legorburu e Mónica Valderrama.
O día 11 haberá un relatorio sobre "Linguaxe audiovisual" de Sonia Díaz; un obradoiro sobre "Mellora da comunicación individual" a cargo de María Xosé Porteiro, e para rematar unha mesa redonda sobre "A utilización da imaxe da muller na publicidade", a cargo de Ana Amorós e Tereixa Navaza.
Descargar todas as imaxes