venres, 21 out 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres do acordo adoptado na Xunta de Goberno Local para aprobar o proxecto e a obra de reforma da estrutura interior do inmoble do Berbés, onde o Concello prevé habilitar o centro de inclusión social. O goberno investirá 225.000 euros en subsanar "deficiencias estruturais" nos accesos, nas escaleiras e no ascensor, imprescindibles para calquera uso municipal.
venres, 21 out 2011
O alcalde presentou este venres a representación desta obra de Puccini, que acollerá o Auditorio "Mar de Vigo" o próximo 6 de novembro ás 19 horas, con prezos entre os 28 e os 35 euros dispoñibles en Servinova. Abel Caballero recalcou a "gran importancia" dunha ópera deste calibre que a "calquera cidade" lle gustaría acoller, que toma o relevo de Aida nas representacións líricas en Vigo.
venres, 21 out 2011
Abel Caballero participou esta mañá na presentación dunha exposición que, baixo o título You are not alone, ofrece unha mirada innovadora sobre as causas, as consecuencias e o contexto actual doVIH. O rexedor destacou durante a súa intervención e a belleza da mostra reside en que "é capaz de transmitir con sensibilidade o "que significa a igualdade, a ausencia de prexuizos que nos permitan escapar de circunloquios satanizadores que excluyen".
ANUNCIO CEMITERIOS
venres, 21 out 2011
Comunícase a tódolos usuarios dos cemiterios municipais que, por mor da festividade de Tódolos Santos, os devanditos cemiterios permanecerán abertos ininterrumpidamente dende as 9,00 ata as 18,30 horas, os días 29, 30 e 31 de outubro e l e 2 de novembro.