Caballero anuncia o acordo co Ministerio de Medioambiente para resolver o abastecemento de auga "para os próximos 50 anos"
Tras varias conversas co Secretario de Estado e co Presidente de Acuanorte, o alcalde de Vigo desvelou este mércores o acordo polo que o Ministerio iniciará a redacción do convenio para construir a gran condución de auga desde o río Verdugo ata o encoro de Eiras. Ademais, Medioambiente tamén acometerá a ampliación da ETAP do Casal. O investimento total na cidade rondará os 40 millóns de euros, que quedarán conveniados "con toda probabilidade" a próxima semana.