luns, 17 outubro 2011

O alcalde solicitará oficialmente á Xunta construir de urxencia o trasvase para o abastecemento de auga de Vigo

Abel Caballero anunciou este luns a convocatoria dunha Xunta de Goberno Local para solicitar da Xunta de Galicia "oficialmente a declaración de zona de atención inmediata e preferente" do abastecemento de auga de Vigo, e enviará un requerimento para que constrúa a conexión de emerxencia entre a unión dos rios Verdugo e Oitavén coa rede viguesa. A situación é "preocupante" e en dúas ou tres semanas podería notarse unha merma na calidade da auga.

Caballero anima a toda a cidadanía a asitir á representación "excepcional" de O Florido Pénsil

luns, 17 out 2011

Acompañado por dous dos actores protagonistas, Abel Caballero, presentou hoxe a a obra de teatro O Florido Pénsil, o espectáculo máis aclamado dos últimos vinte anos e que o próximo venres, 21 de outubro se representará no Auditorio Municipal. Antonio Durán "Morris" e Xosé Manuel Olveira "Pico" son dous dos artistas que dan vida a esta adaptación galega dun texto que se estrenou no 1996.