Convocatoria de axudas ás persoas porpietarias que carezan de recursos suficientes para a realización da Inspección Técnica de Edificacións -ITE-,correspondente ao ano 2011,dos inmobles
Na data 2 de maio de 2011 o delegado da Área de Urbanismo e Vivenda resolveu aprobar a convocatoria de axudas ás persoas propietarias que carezan de recursos suficientes para a realización da ITE, correspondente ao ano 2011, dos inmobles construídos entre os anos 1970 e 1980.
O texto completo da dita convocatoria publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) nº 189, do 30 de setembro de 2011, no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo (XMU) e na páxina web municipal (http://hoxe.vigo.org/pdf/urbanismo/convocatoria_axudas_ITE2011.pdf).
Para o exercicio 2011 o importe total das axudas a conceder non excederá do límite de 24000 euros e financiarase con cargo á partida 1510.4890000 dos orzamentos da XMU.
Os requisitos para ser persoa beneficiaria son, entre outros, ser titular dun único ben inmoble, o cal deberá ser a súa vivenda habitual. Os requisitos completos especifícanse no apartado 2 da base primeira da Ordenanza reguladora das bases polas que se regula o outorgamento de axudas aos propietarios que carezan de recursos suficientes para a realización da ITE (BOP nº 104, do 30 de maio de 2008) (http://hoxe.vigo.org/pdf/urbanismo/Ordenanza_BOP_30052008.pdf).
O modelo de solicitude, establecido no anexo I da dita Ordenanza, pode descargarse da páxina web municipal (http://hoxe.vigo.org/pdf/urbanismo/solicitude_axudas_ite_2011.pdf) ou solicitarse no Rexistro da XMU. As solicitudes poden presentarse nos Rexistros da XMU ou do Concello, ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes, de tres meses desde a publicación da convocatoria no BOP de Pontevedra, rematará o venres 30 de decembro de 2011.
Para máis información pode consultarse a páxina web do Concello ou nos teléfonos do Servizo de atención cidadá (010) ou do Servizo de ITE (986 810 336).