Caballero anuncia o acordo co Ministerio de Medioambiente para resolver o abastecemento de auga "para os próximos 50 anos"
Tras varias conversas co Secretario de Estado e co Presidente de Acuanorte, o alcalde de Vigo desvelou este mércores o acordo polo que o Ministerio iniciará a redacción do convenio para construir a gran condución de auga desde o río Verdugo ata o encoro de Eiras. Ademais, Medioambiente tamén acometerá a ampliación da ETAP do Casal. O investimento total na cidade rondará os 40 millóns de euros, que quedarán conveniados "con toda probabilidade" a próxima semana.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe mércores o acordo co Ministerio de Medioambiente para iniciar os trámites do convenio que resolverá "o abastecemento de auga na cidade de Vigo para os próximos 50 anos".
Despois de manter varios contactos co Secretario de Estado e co Presidente de Acuanorte, o alcalde desvelou que o Ministerio iniciará o proceso para que Vigo teña a gran conducción de auga demandada desde o río Verdugo ata o encoro de Eiras. Esta "gran obra" terá un custo aproximado de 20 millóns de euros e o convenio poderá ser asinado "con toda probabilidade" a próxima semana.
En segundo lugar, Abel Caballero tamén adiantou que o Goberno de España adicará outros 20 millóns para ampliar a ETAP do Casal, cun tamaño "claramente insuficiente" para o tratamento de augas que precisa a poboación viguesa.
En conclusión, Caballero apuntou que "estamos a iniciar o procedemento que vai a conducir a acabar para sempre coas restriccións de auga e cos riscos de seca da cidade de Vigo por unha parte e coas dificultades de saneamento de auga potable que temos en algunhas ocasións, en circunstancias difíciles, na estación da ETAP".
"Creo que estamos a enfocar francamente ben o problema e o proceso de agua nesta cidade de 800.000 habitantes equivalentes", aseverou o rexedor vigués e, cando estea resolto, non haberá "limitación" para ceder "toda a demanda de consumo" que soliciten os municipios da área metropolitana viguesa.
O alcalde de Vigo estimou que, incluíndo os informes preceptivos previos, "nun ano pódese facer todo" e avanzou que o "queremos facer en cooperación coa Xunta de Galicia", porque "temos vontade de acordo".
Descargar todas as imaxes