Escoitar

O alcalde asegura que Vigo "ten un potencial extraordinario" como destino de congresos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou hoxe mércores "o potencial extraordinario" de Vigo como destiño de congresos durante a convención anual de Travel Advisors, que durante dous días reúne na cidade ás mellores axencias de viaxes do mundo. Manifestou a súa satisfacción pola organización deste evento "porque queremos aproveitalo para dar a coñecer Vigo como referente para dun turismo estratéxico e de calidade".

mércores, 19 out 2011
1319026206travel.JPG
Abel Caballero aproveitou hoxe a presenza na cidade dos responsables das mellores axencias de viaxe do mundo para reiterar "o extraordinario potencial" de Vigo como destiño de congresos. Logo de manifestar a súa satisfacción pola celebración na cidade da convención anual de Travel Advisors, Caballero explicou que estamos nun momento "clave" do desenvolvemento na cidade que queremos . Ao lado do naval, a automoción, a pesca -enumerou- queremos que se coñezan as propostas culturais, os servizos, as praias, o auditorio..."queremos que esta convención se constitúa nunha oportunidade de dar a coñecer a cidade como referente para un turismo estratéxico, de calidade".

O grupo de axencias de viaxes Travel Advisors Guild celebrará hoxe e mañá en Vigo (Hotel Carrís Beiramar) a súa convención anual "Encuentro entre amigos" ao que asisten os representantes das axencias do grupo así como unha ampla representación dos seus proveedores (compañías aéreas, hoteis, turoperadores e compañías de alquiler de coches).

Travel Advisors Guild, gremio empresarial e profesional de axencias de viaxes, é unha asociación constituída en 1996 que agrupa a un selecto conxunto de 28 axencias de viaxes . As súas axencias suman actualmente 100 puntos de venta nos que traballan máis de 700 empregados. No 2007 a facturación global das súas asociadas foi de 504 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes