Escoitar

O rexedor inaugura no Marco You are not alone, unha exposición innovadora sobre o sida

Abel Caballero participou esta mañá na presentación dunha exposición que, baixo o título You are not alone, ofrece unha mirada innovadora sobre as causas, as consecuencias e o contexto actual doVIH. O rexedor destacou durante a súa intervención e a belleza da mostra reside en que "é capaz de transmitir con sensibilidade o "que significa a igualdade, a ausencia de prexuizos que nos permitan escapar de circunloquios satanizadores que excluyen".

venres, 21 out 2011
1319198754marco.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou hoxe a importancia de rematar con prexuizos que nos permitan escapar de circuloquios satanizadore s que excluyen ás personas enfermas de sida". Así o manifestou durante a presentación de You are not alone, unha mostra que ata o 22 de xaneiro de 2012 ofrecerá no Marco unha mirada innovadora sobre as causas, as consecuencias e o contexto actual do VHI. Caballero, quen definiu Vigo como unha "cidade socialmente combativa", cualificou a mostra de grande sensibilidade , con capacidade de xerar cercanía con ser humano".

A mostra colectiva You are not alone reúne 35 obras de 18 artistas contemporáneos de todo o mundo repasando o pasado e o presente da sida, así como as formas de combatila. A Fundación ArtAids ten producido obras específicamente pensadas para a exposición, de artistas internacionalmente o coñecidos e que non abordan a temética da enfermidade de forma habitual. Estas obras preséntanse xunto a unha selección de pezas recentemente incorporadas á colección ArtAids.
Descargar todas as imaxes