Ciclo "Muller e Ciencia" na Casa das Mulleres
A Casa das Mulleres acolle durante o mes de outubro unha programación sobre "Muller e Ciencia" co fin de difundir e visibilizar as achegas das mulleres científicas á nosa sociedade. O ciclo está adicado á muller na Astronomía. O venres 21 de outubro ás 19.00 horas Josefina Ling, profesora de astronomía e astrofísica da Universidade de Santiago de Compostela pronunciará unha conferencia sobre " O papel das mulleres na astronomía".
O venres , 28 de outubro ás 18.30 h proxectarase a película "Ágora" . Film homenaxe aos científicos, representados en Hipatía, astrónoma, matemática e filósofa; directora da escola platónica de Alejandría no 400 d. C
Estas actividade complementase coa exposición "Con A de astrónomas", que se pode visitar ao longo de todo o mes de outubro na casa.
Con A de astrónomas, é froito do traballo de 9 mulleres de distintos centros de investigación, atopándose entre elas Josefina Ling, profesora da área de Astronomía e Astrofísica da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, que exerce ademais como comisaria da exposición xunto a investigadora de historia da Ciencia Eulalia Pérez Sedeño.
A exposición presenta un percorrido polo papel da muller na Astronomía, a través dunha serie de paneis nos que se tratan os principais fitos da Astronomía e Astrofísica, onde o papel da muller foi fundamental desde a antigüidade ata os nosos días.
A descuberta dos púlsares, a estrutura a gran escala do universo ou a medida das distancias estelares pasearán ante os nosos ollos explicados dunha maneira divulgativa e amena. Os paneis que conforman a exposición tratan conceptos astronómicos, contextualizan a historia da Astronomía mostrando a relación entre ela e a cultura e visibilizando a achega das mulleres a esta ciencia.
DONA JOSEFINA F. LING, natural de Madrid, Licenciouse en Matemáticas pola Universidade Complutense de Madrid, onde estudou a especialidade de Astronomía, Mecánica e Xeodesia , forma parte da Comisión 26 da Unión Astronómica Internacional e actualmente é profesora da área de Astronomía e Astrofísica da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e compaxina esta tarefa con labores de investigación no Observatorio Astronómico Ramón María Aller. Está implicada en proxectos como " ELA É UNHA ASTRÓNOMA", ademais de participar en traballos de extensión cultural para dar a coñecer a Astronomía á poboación Galega.
Autora de numerosas publicacións en revistas de Astronomía e investigadora especializada nos sistemas estelares dobres e múltiples (aqueles formados por dúas ou máis estrelas unidas pola súa gravidade), ten no seu haber o descubrimento, en xullo de 1992, dunha estrela dobre que leva o seu nome: Ling I.
" Con A de Astrónomas ", da que é comisaria, conseguiu o Primeiro Premio á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación no 2010, concedido pola Universidade de Santiago de Compostela.
A CASA DAS MULLERES é un servizo adscrito á Concellería de Igualdade, aberta ás iniciativas e intereses das mulleres da cidade e das asociacións e colectivos que as representan. Neste espazo
realízanse xuntanzas, exposicións e relatorios, impártense cursos e outras actividades que promovan a igualdade, unhas veces organizadas pola propia Concellería de Igualdade e outras por mulleres, ben a título individual ou a través das súas organizacións.
Algúns servizos que se ofrecen son: sede do asociacionismo feminino local, asesoramento e información actualizada de subvencións a colectivos de mulleres, orientación para a creación e constitución de asociacións de mulleres, cesión de espazos ás asociacións de mulleres, fomento da participación sociocultural das mulleres, acceso gratuíto a internet,.. etc.
Descargar todas as imaxes