venres, 29 xullo 2011

Caballero compromete o apoio do Concello ao proxecto investigador do CSIC na ETEA

Tras unha reunión co seu presidente, Rafael Rodrigo, o alcalde de Vigo garantiu o respaldo do Concello ao proxecto do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para a ETEA, onde planea erixir un gran centro de formación e investigación chamado a converterse en "referencia internacional". Abel Caballero confiou en contar co respaldo da Xunta de Galicia a un proxecto "estratéxico para esta cidade", con 35 millóns de orzamento, que podería concretarse no mes de setembro.

"A xerencia da Fundación ProVigo terá custe cero para esta cidade"

venres, 29 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres novas medidas de austeridade, tras a reducción de dedicacións no goberno local ou a eliminación dos caterings. O primeiro edil avanzou que convocará a próxima semana a Julio Fernández Gayoso, Fernández Alvariño e García Costas, membros do Padroado de ProVigo, para valorar nomes para dirixir a xerencia da Fundación.

O alcalde deu conta dos padróns municipais do IBI e do IAE, cun "lixerísimo aumento" na recadación prevista

venres, 29 xul 2011

A Xunta de Goberno Local deu este venres luz verde ao padrón do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e o Imposto de Actividades Económicas (IAE) correspondente ao 2011, que rexistran un "lixerísimo aumento" nos ingresos previstos con respecto ao pasado ano, acadando os 64,6 millóns. O IBI suma inscripcións e importe recibido mentres que cae o IAE en ambos parámetros.