martes, 26 xullo 2011

O Concello de Vigo aproba por unanimidade instar ao Goberno Central e á Xunta a buscar solucións ao naval

O Pleno do Concello de Vigo aprobou hoxe martes instar ao Goberno de España e á Xunta a desbloquear de forma urxente o instrumento financieiro-fiscal "tax lease", pactando unha resolución final entre o Goberno Central e Unión Europea. Logo dun debate conxunto das mocións que cada grupo político presentaba por separado, todos os concelleiros refrendaron por unanimidade a resolución que xa aprobaran no Consello Económico celebrado o pasado luns 18 de xullo.

A corporación esixe á Deputación de Pontevedra as achegas que lle debe ao Marco

martes, 26 xul 2011

Socialistas e nacionalistas decidiron hoxe martes esixirlle á Deputación de Pontevedra que pague as achegas que lle debe ao Marco, tal e como comprometeu nun Convenio asinado entre a institución provincial e o museo no pasado ano 2009. A concelleira socialista, Isaura Abelairas, recordou que a institución provincial ten pendentes as partidas de 2009, 2010 e 2011.