xoves, 28 xullo 2011

O alcalde anuncia o reparto de 10.000 pulseiras identificativas nas praias de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou por segundo ano consecutivo as pulseiras identificativas que permiten localizar con facilidade aos nenos e nenas que se poidan perder na praia. O rexedor, quen apuntou que se van distribuir 10.000 unidades, destacou o éxito desta iniciativa o ano pasado e indicou que as pulseiras deste ano aportan como novidade o feito de ser reutilizables. Avanzou que ao ano que ven se repartirán en maio en todos os centros escolares.

Caballero anuncia que a Fundación Provigo continuará a súa labor a pesar do abandono da Xunta e da Deputación de Pontevedra

xoves, 28 xul 2011

O Padroado da Fundación Provigo decidiu hoxe xoves -a proposta do alcalde de Vigo, Abel Caballero,- continuar a súa andaina a pesar da decisión da Xunta e da Deputación de Pontevedra de abandonar a institución "sen previo aviso". Caballero propuxo converter a Fundación nunha entidade sen gastos en persoal, unha iniciativa que suporá o aforro anual de entre 120.000 e 140.000 euros, que poderán ser destinados integramente ás funcións de promoción económica para as que foi creado o organismo. A iniciativa do alcalde, aceptada polos membros do Padroado, prevé substituír a figura do xerente por un funcionario para que "supoña custe cero para a Fundación".

Abelairas presentou o concerto da Coral Casablanca, un percorrido pola música galega, o pop e o cine

xoves, 28 xul 2011

A concelleira de Cultura e Festas presentou este xoves o concerto que ofrecerá de balde a Coral Casablanca mañá venres ás 23 horas no parque de Castrelos, unha cita festiva que tornarase nun percorrido pola música galega, algunhas das bandas sonoras máis memorables do cine e éxitos do pop. Isaura Abelairas subliñou a "categoría" desta formación, declarada de interese galego e cultural, e invitou á cidadanía a presenciala.