Escoitar

O alcalde anuncia o reparto de 10.000 pulseiras identificativas nas praias de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou por segundo ano consecutivo as pulseiras identificativas que permiten localizar con facilidade aos nenos e nenas que se poidan perder na praia. O rexedor, quen apuntou que se van distribuir 10.000 unidades, destacou o éxito desta iniciativa o ano pasado e indicou que as pulseiras deste ano aportan como novidade o feito de ser reutilizables. Avanzou que ao ano que ven se repartirán en maio en todos os centros escolares.

xoves, 28 xul 2011
1311855708pulseras.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe xoves a campaña de reparto de pulseiras identificativas que permiten localizar con facilidade aos nenos e nenas que se poidan perder en calquera dos arenais de Vigo. Segundo explicou, é frecuente que os nenos se extravíen nas praias e cheguen a estar ata dúas horas perdidos e, normalmente, entran en pánico e non son capaces de facilitar datos cando a Policía os localiza "de ahí a importancia da iniciativa". Trátase dun mecanismo -abundou- polo que a Policía Local e a Cruz Roja distribúen pulseiras, escritas con tinta indeleble, co nome e un teléfono de contacto dun familiar, de xeito que cando un rapaz se perde e chega a Policía, esta cursa de xeito inmediato unha chamada ao teléfono que figura na pulseira.

"Esta é unha medida que funcionou moi ben o ano pasado. Moitas veces os pais se enteraban de que os nenos se perdían por unha chamada da Policía", destacou. A novidade deste ano é que as pulseiras son reutilizables e podense usar durante 15 días -indicou o rexedor- ao tempo que engadiu que o problema coas do ano pasado é que cada día había que renovar a pulseira e os datos, polo que o posto da Policía se colapsaba. Avanzou que o ano que ven "perfeccionaremos o peche das pulseiras e as repartiremos en maio en todos os centros escolares". Caballero subliñou o éxito deste sistema, "tanto que xa se aplica noutras cidades de España".

O rexedor agradeceu á Policía o magnífico traballo "que desenvolven nas praias", recordando que hai 17 policías destiñados nos arenais, ademáis de Salvamento Marítimo, socorrismo e os efectivos da Cruz Roja.
Descargar todas as imaxes