mércores, 8 xullo 2009

Inaugurada a Praza do Pobo Galego

O alcalde Abel Caballero acompañado do presidente do Colexio de Arquitectos, Salvador Fraga e o arquitecto Jesús Irrisarri asistiron hoxe a inauguración da Praza do Pobo Galego. O alcalde sinalou que "a Praza do Pobo Galego se recupera, erguese como o Ave fénix, sobre as súas propias cinzas érguese este extraordinario complexo arquitectónico e cidadán. Dous anos despois do seu inicio ábrese este proxecto que vai concluir coa reforma da rúa Doutor Cadaval".

O tenente de alcalde di que é "unha frivolidade" a indefinición de Xunta e Estado sobre a nova depuradora

mércores, 8 xul 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, reclamou hoxe que o Goberno do Estado e a Xunta deixen a un lado os intereses partidistas e acaden un acordo que permita desbloquear a construción da depuradora de augas residuais de Vigo. Salientou que "hai dúas administracións responsables", que non poden seguir "mareando" sobre unha cuestión vital para o futuro da cidade e nomeadamente da súa Ría.

As cerimonias matrimonias do Concello poderán contar cunha agrupación musical do Conservatorio

mércores, 8 xul 2009

A Xunta de Goberno Local aprobou un acordo co Conservatorio Profesional de Música de Vigo sobre a posibilidade de contar nas cerimonias matrimonias que se realizan por parte do Concello cos servizos de cuartetos de corda —dous violíns, viola e violoncello—, de clarinetes, ou de dúos de corda, compostos por dous violíns, violín e viola ou violín e violoncello, cuxo prezo para os contraintes sería de 30 € por participante na agrupación musical.<br /> <br /> <br />