Escoitar

As cerimonias matrimonias do Concello poderán contar cunha agrupación musical do Conservatorio

A Xunta de Goberno Local aprobou un acordo co Conservatorio Profesional de Música de Vigo sobre a posibilidade de contar nas cerimonias matrimonias que se realizan por parte do Concello cos servizos de cuartetos de corda —dous violíns, viola e violoncello—, de clarinetes, ou de dúos de corda, compostos por dous violíns, violín e viola ou violín e violoncello, cuxo prezo para os contraintes sería de 30 € por participante na agrupación musical.<br /> <br /> <br />

mércores, 8 xul 2009
Informe da Xunta de Goberno

Vista a comunicación feita polo Vicedirector do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, sobre a posibilidade de contar nas cerimonias matrimoniais que autorice por si ou por delegación o alcalde deste Concello de Vigo cos servizos de cuartetos de corda —dous violíns, viola e violoncello—, de clarinetes, ou de dúos de corda, compostos por dous violíns, violín e viola ou violín e violoncello, cuxo prezo para os contraintes sería de 30 € por participante na agrupación musical; comunicación da que se da conta pola Concellería de Distritos a esta Asesoría Xurídica, emítese por esta o seguinte

INFORME


O artigo 51 do Código Civil recoñece como autoridade competente para autorizar a celebración dos matrimonios civis ao alcalde do municipio donde se celebre o matrimonio e ao concelleiro en quen este delegue.

No exercizo desta competencia o alcalde do Concello de Vigo e, pola súa delegación, distintos concelleiros da Corporación veñen autorizando a celebración de bodas civís na Casa do Concello, nas dependencias municipais da rúa Areal 16 e no Pazo de Quiñones de León.

A cerimonia da prestación do consentimento matrimonial, sexa relixiosa ou civil, é o evento social máis importante na vida das persoas, que, como momento de celebración que é, adoita revestirse e rodearse de especiais formas e elementos encaminados a convertila nun momento cálido e inolvidable. Un destes elementos é o musical, presente nas ocasións festivas de tódalas culturas.

Co obxecto de proporcionar aos contraintes das bodas civís que autoricen as autoridades municipais da cidade a posibilidade de disfrutar na cerimonia da prestación do consentimento matrimonial dun entorno musical axeitado ao dito momento, o Conservatorio Profesional de Música de Vigo ofrece a este Concello de Vigo a coordinación e contacto con diferentes agrupacións musicais do centro (cuartetos de corda —dous violíns, viola e violoncello—, de clarinetes, ou dúos de corda, compostos por dous violíns, violín e viola ou violín e violoncello) co obxecto de que os contraintes poidan dispoñer do devandito acompañamento musical na celebración do seu enlace matrimonial, por un prezo moi asequible de 30 € por participante na agrupación musical.

Pero, a posibilidade que se ofrece de contar con tales agrupacións musicais supón igualmente para os novos valores do Conservatorio Profesional de Música de Vigo a oportunidade de desempeñar de xeito profesional o fruto do seu traballo, o que implica non so unha forma máis de completar a súa aprendizaxe musical, senón, tamén e sobre todo, un estímulo máis para o conxunto do alumnado do Concervatorio na súa aprendizaxe.

Toda vez que, de conformidade co artigo 25 LRBRL, o Municipio, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, poderá promover toda clase de actividades e prestar cantos servizos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal e sendo propósito do Concello de Vigo facilitar aos contraintes das bodas civís que autoricen as autoridades municipais o coñecemento da dita posibilidade, así como estimular a aprendizaxe do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Vigo e proporcionarlle a oportunidade de completar a súa formación mediate a interpretación musical nestos actos, entende esta Asesoría Xurídica que procede que pola Alcaldía-Presidencia se adoite a seguinte

RESOLUCIÓN

Primeiro.- O Concello de Vigo, con ocasión das solicitudes que se lle formulen para a celebración de matrimonios civis que autorice o Alcalde ou o concelleiro no que este delegue comunicará aos contraintes a posibilidade de contar na cerimonia do matrimonio cos servizos das agrupacións musicais que van ditas na parte expositiva desta resolución, polo prezo tamén indicado, a cuxo efecto deberán dirixirse a Vicedirección do Conservatorio Profesional de Música para dispoñer de tal servicio

Segundo.- A este fin o Concello de Vigo, nas cerimonias matrimoniais que se celebren na Casa do Concello, nas dependencias municipais da rúa Areal 16 ou no Pazo de Quiñones de León, disporá un espacio axeitado ao emprazamento da agrupación musical que poida concorrer ao acto.

Terceira.- A presente resolución non exclue nin limita a posibilidade de que o Concello de Vigo, con relación a outras persoas físicas ou xurídicas, asociacións ou institucións tanto públicas como privadas, que gocen da necesaria solvencia musical, adoite resolucións ou conclúa convenios con idéntico obxecto ao que é o desta resolución.

Cuarta.- Da presente resolución darase conta a Xunta de Goberno Local para o seu coñecemento