O servizo de baño accesible para persoas con mobilidade reducida amplíase este ano á praia de O Vao
O dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida prestarase este ano por primeira vez tamén na praia de O Vao. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou na presentación que "quixemos ampliar o servizo, que xa se viña prestando en Samil, para continuar avanzando na integración real das persoas que teñen algún tipo de discapacidade".
O concelleiro explicou que esta medida se inclúe "no noso obxectivo de traballar a reo pola igualdade de oportunidades" para todas as persoas. O tenente de alcalde dixo que "é para nós unha satisfacción moi grande saber que grazas a este servizo moitas persoas teñen contacto co mar", unha actividade que é cotiá para as persoas que non viven situacións de mobilidade reducida.
Santi Domínguez visitou hoxe o novo dispositivo, que estará en funcionamento ata o 31 de agosto, xunto á concelleira de Benestar Social, María Méndez, a presidenta da Cruz Vermella, María Teresa Álvarez, e o representante de Caixanova, Luis Guedes. O tenente alcalde quixo agradecer especialmente o traballo que desenvolven os voluntarios da Cruza Vermella "sen os que sería imposible realizar este servizo" e tamén a Caixanova a súa colaobración "para facer realidade un ano máis este dispositivo".
O tenente de alcalde considera que o feito de ofrecer o servizo nas dúas praias más importantes da cidade vai incrementar sustancialmente o número de usuarios. Segundo explicou, o ano pasado realizáronse 138 servizos de baño, ducha accesible, préstamo de muletas acuáticas ou axuda para o ácceso á praia.
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, indicou que o servizo ofrecerase os sete días da semana en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas. A nacionalista incidiu en que calquera persoa con discapacidade ou mobilidade reducida poderá acceder a este dispositivo. Somentes terá que achegarse aos postos da Cruz Vermella instalados en Samil e O Vao ou facer a súa reserva no teléfono 986423666.
María Méndez amosou a súa satisfacción por que este ano se teña ampliado o servizo para chegar á máis usuarios. A concelleira explicou que haberá un equipo integrado por unha coordinadora e catro monitores, apoiados polos voluntarios da Cruz Vermella, para atender as súas praias.
Descargar todas as imaxes