Case 1.000 entradas vendidas nunha semana para o concerto que ofrecerá Keane en Castrelos o día 17
Nunha semana vendéronse xa case 1.000 entradas para asistir ao concerto que o grupo británico Keane ofrecerá no Auditorio de Castrelos o vindeiro 17 de xullo a partir das 23.00 horas. O bo ritmo da venda de entradas evidencia o interese que esperta estas banda británica de pop rock alterantivo procedente do East Sussex.
Para o concerto de Keane puxéronse á venda 4.000 entradas a un prezo de 10 euros en venda anticipada e 12 euros en taquellia. Os billetes poden adquirirse a través da web de Caixanova www.servinova.com, a través do teléfono 902504500 ou nas oficinas de Central de Espectáculos.
Keane é un dos grupos revelación dos últimos tempos. Todos os seus álbumes editados, Hopes and Fearse, Under the Iron Sea e Perfect Symmetry, foron directo aos número 1 da lista de vendas do Reino Unido inmediatamente despois do seu lanzamento. Os membros da banda citan a grupos como Depeche Mode, U2, Radiohead, Pet Shop Boys ou Beatles como as súas principais influencias.
O concerto de Keane en Castrelos estará precedido pola actuación como teloneiros do grupo Niño y Pistola.
Descargar todas as imaxes