Escoitar

Xunta de Goberno Local

luns, 6 xul 2009
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 7 DE XULLO DE 2009.


1.- Acta da sesión ordinaria do 15 de xuño de 2009.

BENESTAR SOCIAL
2.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a entidade Médicos do Mundo para realización dun programa de redución do dano en medio aberto. Expte. 40108/301.

3.- Concesión de subvención e proxecto de convenio coa Asociación de Persoas Sordas de Vigo para a disponibilidade dun intérprete de lingua de signos. Expte. 45208/301.

4.- Rectificación de acordo e resolución de recursos sobre o outorgamento de axudas da convocatoria de Bono-Taxis 2009. Expte. 39861/301.

5.- Concesión de subvención e proxecto de convenio de colaboración coa "Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias en Galicia". Expte. 40926/301.

6.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta exptes. 11/1897, 4/348, 2/2096, 4/2431, 23/2461, 3/2334.


CONTRATACIÓN
7.- Expediente de contratación do Servizo de coordinación e supervisión das obras no Casco Vello contratadas con cargo ao FEIL. Expte. 4861/307.

8.- Devolución de garantías:
a) Indeza S.L. Expte. 2643/241.
b) Neumáticos Berbés S.L. Expte. 2751/241.
c) Pettra S.L. Expte. 2779/241.

DEPORTES
9.- Proposta de autorización á Concellería de Deportes para organizara a V edición 24 horas de Petanca os días 17, 18 e 19 de xullo de 2009. Expte. 8727/333.

10.- Proposta de autorización ó Club Ciclista Meixoeiro para organizar o XXI Gran Premio Ciclista Meixoeiro o día 18.07.09. Expte. 8687/333

11.- Proposta para incremento da achega económica para o desenvolvemento dun convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) para a organización do Campionato do Mundo. Expte. 8455/333.

12.- Devolución de aval á Fundación Vigo en Deporte constituído pola celebración do Cross Escolar A.D. Castro San Miguel. Expte. 8654/333.

EDUCACIÓN
13.- Plan de seguridade e saúde, aviso previo e nomeamento da dirección facultativa para a instalación dun sistema de calefacción de gas natural no CEIP Ría de Vigo. Expte. 10736/332.

14.- Plan de seguridade e saúde, viso previo e nomeamento da Dirección Facultativa para a instalación dun sistema de calefacción de gas natural no Dr. Eijo Garay. Expte. 10737/332.

15.- Listas definitivas de adxudicación de prazas e lista de agarda nas escolas infantís municipais curso 2009-2010. Expte 10744/332.

EMPREGO
16.- Aceptación da subvención concedida pola Consellería de Traballo e Benestar para a realización de actividades de promoción e fomento de cooperativismo. Expte. 6037/77.

INTERVENCIÓN
17.- Xustificantes de libramentos.

LIMPEZA
18.- Proposta para a renovación de medios materiais e maquinaria de Fomento de Construcciones y Contratas S.A. Expte. 2447/252.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
19.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo Servizo de Normalización Lingüística durante o mes de xuño de 2009. Expte. 892/334.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
20.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e o Conservatorio Profesional de Música de Vigo cara a contar con servizos de agrupacións musicais nas vodas civís que celebren as autoridades municipais. Expte. 4003/320.

21.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Veciñal de Teis para o ano 2009. Expte. 4091/320.

PATRIMONIO HISTÓRICO
22.- Proxecto de convenio de colaboración do Concello de Vigo coa Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo para o ano 2009. Expte. 4846/307.

POLICÍA LOCAL
23.- Proposta de incoación de dilixencias informativas sobre feitos denunciados supostamente cometidos por funcionario da Policía Local. Expte. 33999/212.

24.- Proposta de incoación de dilixencias informativas sobre feitos denunciados supostamente cometidos por funcionario da Policía Local. Expte. 34000/212.

RECURSOS HUMANOS
25.- Solicitude de complemento de destino persoal de alto cargo de Dª. Yolanda Aguiar Castro. Expte. 19145/220.

SERVIZOS XERAIS
26.- Convalidación de gasto por importe de 45.670,39 € a favor de UTE Imes-Esycsa en concepto de "mantemento túneles e pasos inferiores". Expte. 13003/444.

27.- Devolución de aval a Galorgo S.A. constituída por ocupación da vía pública na rúa Pi y Margall, 33. Expte. 58816/250.

TESOURERÍA
28.- Proposta de inicio de procedementos administrativos de constrinximento para liquidación de cotas de enganche ás redes de saneamento. Expte. 11219/700, 11221/700, 11222/700.

URBANISMO
29.- Solicitude de encomenda de xestión e tramitación de expediente de contratación para a execución e explotación da totalidade do subsolo cun aparcamento no ámbito de Polígono 6 do PERI de Bouzas. Expte. 7/403.

30.- Solicitude ao Ministerio de Fomento de cesión de tramo da A-55 ao seu paso polo termo municipal de Vigo. Expte. 63/403.

31.- Constitución da entidade urbanística de conservación "PERI UA-3 Casás"- San Andrés de Comesaña. Expte. 4707/401.

XUVENTUDE
32.- Proposta de anulación do acordo da X.Goberno local polo que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades nun espazo de lecer educativo na cidade de Vigo. Expte. 2552/336.



DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión extraordinaria na súa Sala o día 7 de xullo de 2009, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.


Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 3 de xullo de 2009.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.