venres, 10 xullo 2009

A depuradora, o hospital e a cidade do mar centraron a reunión entre Caballero e Vázquez

O alcalde Abel Caballero reuniuse hoxe co presidente do grupo parlamentario socialista na cámara autonómica, Manuel Vázquez para tratar dos proxectos máis importantes para a cidade de Vigo. Neste senso Vázquez informou ao alcalde que o PSdG-PSOE proporá no parlamento galego iniciativas para que no mes de xullo debátanse tres asuntos capitais para a cidade como son a depuradora, o hospital e a cidade do mar.

Abre a Feira do Libro de Vigo

venres, 10 xul 2009

A praza de Compostela será un ano máis o lugar de encontro cos libros desde hoxe venres ata o 19 de xullo coa celebración da XXXV Feira do Libro de Vigo.O escritor Francisco Castro será o encargado da lectura do pregón inaugural ás 20:30 horas despois da actuación da Asociación Monteira – Grupo de Danzas do Mundo, de Vigo.

Mobilidade, Seguridade e transportes

Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de condución de autotaxis

venres, 10 xul 2009

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do permiso municipal de condutor de autotaxi, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 29 da vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 29 de xullo do ano en curso.

Normalización Lingüística

Contos na prais

venres, 10 xul 2009

Os luns 13, 20 e 27 de xullo e 10 e 17 de agosto na praia de Samil (fronte ao Verbum) e os venres 17, 24 e 31 de xullo e 14 e 21 de agosto no Vao, terá lugar o emprazamento da ciclobiblioteca (animación á lectura, sesión conta-contos, obradoiros...), a partir das 18.30 horas.